Sunday 05 de May de 2024

Gravación da serie Serramoura no Campo da Feira


Este venres o Pub Acero e as súas inmediacións converteranse nun set de rodaxe para esta popular serie televisiva emitida pola Televisión de Galicia

O vindeiro venres, 9 de maio, o Campo da Feira de Ordes converterase en plató de rodaxe para a coñecida serie televisiva Serramoura, emitida os domingos pola TVG en horario nocturno. Concretamente gravaranse varias escenas nas inmediacións do pub Acero, así como no interior deste coñecido local de ocio nocturno.
Por este motivo de 8 a 20 horas está previsto que se leven a cabo varios cortes de tráfico, ademais de restrinxir o estacionamento de vehículos nas inmediacións. Para a seguridade de condutores e peóns contarase coas sinalización regulamentaria e con persoal para regular o tráfico.
A gravación deste próximo venres, correspondente aos capítulos 106 e 107, é a segunda que a produtora Voz Audiovisual realiza no municipio de Ordes. O pasado 29 de maio a Casa da Maquía, próxima á estación de Parada, foi a localización escollida para a rodaxe de varias escenas do capítulo 98.